jueves, 3 de enero de 2013

LEMBRA QUE UN CURRICULUM DEBE SER...

• Claro, concreto e conciso, con extensión de unha ou dúas páxinas máximo.
• Facilita a súa lectura en todo o que podas.
• Sen erros nin correccións.
• Espazado e con amplos marxes.
• Remarca os titulares e aspectos máis importantes ou interesantes.
• Coida todos os detalles (abreviaturas, datas...)
• Debes captar a atención da persoa que o vai ler. Para logralo, debemos darlle un toque distinto e persoal, que diferencie o noso curriculum do resto. Por exemplo, utilizar un papel especial, ou encabezados, ou encuadrados...
• Debes adaptalo o máis posible ao posto e ao tipo de empresa. Probablemente non dedicarán máis de medio minuto ao noso curriculum, polo que so debemos incluír o que lle interesa á empresa. Cada posto e cada empresa requirirán un curriculum novo en canto a estilo e xeito de presentar os datos