jueves, 27 de diciembre de 2012

PROPÓSITO DE 2013: “BUSCAR TRABALLO”, MISIÓN IMPOSIBLE?


En torno a cinco millóns e medio de persoas pediranlle aos reis magos un único desexo para 2013: ATOPAR UN POSTO DE TRABALLO. A tarefa non parece fácil xa que actualmente enfrontámonos a unha taxa de desemprego histórica no estado español. Sen embargo, os expertos fan un chamamento a non caer no desánimo e lembran que sempre existen oportunidades de traballo, incluso en anos tan negros para o emprego como 2011, no que se formalizaron 13 millóns de contratos, ou 2012, no que se formalizaron 12 millóns de contratos até o mes de novembro.
Unha das grandes preguntas que nos roldan na cabeza é a seguinte: É emigrar a única solución para os millóns de persoas que buscan traballo en España?
Efectivamente, a dispoñibilidade xeográfica é un dos factores clave, como sinalan os expertos. Hai que traspasar as fronteiras municipais, provinciais, autonómicas e incluso nacionais, na medida do posible.
De feito, dentro de España, as estimacións sinalan que entre un 60% e un 65% da oferta de emprego xerarase en Madrid, Cataluña, Euskadi e Andalucía.
Outro consello fundamental nun ano marcado polo pesimismo económico é non deixarse levar polo desánimo. Para evitar desmoralizarse na busca, recomendamos analizar detidamente cada oferta e ofrecer a nosa candidatura unicamente para os postos nos que vaiamos ser competitivos, co obxectivo de non queimar esforzos e ilusións.
Se enviamos cincuenta CV cada semana e non nos contesta ninguén, desmoralizámonos e comezamos a pensar que non serve de nada. É importante centrarse e buscar a oferta adecuada.
Este esforzo aforrado podémolo dedicar a adaptar e personalizar o CV e a carta de presentación de acordo coa empresa empregadora. O obxectivo é que o seleccionador perciba o interese concreto do demandante polo posto, así como a súa capacitación.
Neste sentido, non está de máis facer un seguimento da candidatura, facendo unha chamada ou unha visita ao responsable do proceso de selección. Aínda que non sempre responderá á chamada ou recibirá ao candidato (isto só ocorrerá en raras ocasións), hai que deixar un recado á telefonista para que quede constancia do noso interese.
Agora mesmo hai moitos perfiles profesionais moi bos para calquera posto. Isto pódese ver nun papel. Pero cunha chamada ou unha visita, podo dar a sensación de que son unha persoa motivada, con gañas, dinámica, que vai loitar contra a adversidade para sacar á empresa adiante.
Por outro lado, non debemos esquecer que os candidatos van perdendo os nervios e mostrándose máis cómodos nas entrevistas a medida que adquiren experiencia nesta cuestión.
Outra recomendación da consultora Adecco recomenda informarse sobre a situación do mercado laboral e comparala coa propia situación económica e persoal antes de darse á buqueda. Pode que precisemos flexibilizar a nosa disposición salarial e/ou laboral, debido a que o traballo que anteriormente realizábamos non sexa valorado actualmente na mesma medida ou porque sexa moi difícil atopar traballo “do meu”.
A maioría das ofertas de traballo publicadas (en torno ao 80%) atópanse nos portais de emprego, polo que é absolutamente indispensable ter actualizados os perfiles profesionais e facer seguimento das ofertas en todos eles. Visitar as páxinas web das empresa que interesen especialmente ao candidato e escribirlles tamén é unha boa idea, así como estar activo nas redes sociais, onde o boca a boca funciona moi ben. A cuestión é dedicar tempo diario á busca e non desistir.
Unha vez logrado superar o primeiro filtro, trátase de aplicar o sentido común na entrevista: ir adecuadamente vestido, preparar unha lista de posibles preguntas, informarse sobre a empresa e o posto de traballo ao que se opta, así como sobre a persoa que vai dirixir a entrevista, etc.
Pero onde comezar a buscar? Por sectores a situación respecto ao pasado ano non cambiou demasiado, polo que as areas que seguirán xerando ofertas de emprego son a industrial, a consultaría, as TIC, o comercio e a alimentación.
Polo contrario, os departamentos que van vivir menos movemento son a comunicación, a organización, as compras, os recursos humanos ou o departamento de calidade, menos indispensables para o funcionamento das empresas.
E mentres se busca traballo... Formación. O último consello para rematar 2013 cun posto de traballo é dedicar parte do tempo libre á formación, pois incrementará as posibilidades de ser o candidaro elexido ademais de manterse en activo.