jueves, 24 de enero de 2013

                               

INTERNET E A BÚSQUEDA DE EMPREGO

A continuación deixovos esta reflexión que fai a Directora de Comunicación de Infojobs sobre as redes sociais e os portais de internet de emprego.

A creación de Internet, e aínda máis, o seu uso habitual nos fogares españois cambiou moito os hábitos de todos nós. A procura de emprego, ou a procura de profesionais é un destes ámbitos onde as novas tecnoloxías modificaron drásticamente as nosas costumes.

Fai xa doce anos que se creou InfoJobs. Naceu como unha ferramenta interna, pensada para un perfil de usuario moi específico. Grupo Intercom necesitaba reclutar xente especializada en Internet e novas tecnoloxías, e era bastante difícil atopar perfís deste tipo. Só era posible atopalos no seu propio medio, en Internet. O que inicialmente era unha ferramenta para uso interno acabou sendo un proxecto de éxito, que se deu enseguida a coñecer.

Nunha década, tanto nós como os nosos usuarios cambiamos. Nos últimos anos, houbo unha democratización no acceso a Internet, a apertura da rede a todo tipo de públicos deuse dunha forma natural. Si ao principio era unha contorna ao que só se achegaba xente moi nova ou persoas relacionadas coas novas tecnoloxías, actualmente xente de todas as orixes e todas as profesións usa habitualmente Internet. Como é lóxico, o perfil dos usuarios do noso portal vai paralelo a este fenómeno.

É evidente que a tecnoloxía cambiou a forma en que os españois buscan emprego e talento.

Unha das principais vantaxes que ofrece Internet fronte a outras ferramentas é a versatilidade. Con Internet tense acceso a ofertas de todo o territorio e tan segmentadas como se desexe. Un profesional ten a un clic as ofertas de traballo de toda España, podendo buscar a que máis lle encaixe. Si así o desexa, o usuario pode ir filtrando as ofertas que se axusten ao seu perfil, aforrándolle tempo na criba manual que ten que facer con outros métodos, como as ofertas nun xornal.
InfoJobs tamén ofrece unha interactividade coa empresa que outras ferramentas non dan. As empresas reclutadoras dispoñen dunhas carpetas onde clasifican as candidaturas (Finalistas, En proceso e Descartados) e a ubicación do curriculum nestas carpetas é comunicada en tempo real ó profesional que opta ao emprego, sempre que a empresa faga un uso adecuado deste mecanismo, evidentemente.

Tamén para as empresas que buscan talento ten multitude de vantaxes. Os tempos acúrtanse e tamén as ferramentas de selección fan moito máis fácil atopar ao profesional que encaixa no perfil.

A procura de emprego é unha tarefa que necesita constancia e perseveranza. Un profesional que desexe crecer profesionalmente debe - e máis nos tempos que corren- acudir a todas as fontes posibles para atopar o emprego que busca. Os métodos tradicionais seguen sendo interesantes e un profesional non debe obviar: a procura de ofertas en diarios, cámaras de comercio, as candidaturas espontáneas ás empresas e, por suposto, a utilización dos seus propios contactos. Os contactos seguen sendo unha gran fonte de información sobre posibles traballos, así que é importante implicarlles na procura de traballo.

Neste sentido, Internet tamén desenvolveu ferramentas para facilitar e xestionar estes contactos: as redes sociais. Con elas, non só podemos manter relación con persoas e profesionais cos que traballamos nun pasado, senón que podemos crear novas alianzas estratéxicas segundo os nosos intereses. En InfoJobs aplicamos o concepto de rede social ao currículum, creando as recomendaciones. Así, un profesional pode solicitar a antigos xefes ou compañeiros de traballo que acheguen unha recomendación á súa CV, dándolle un valor engadido para o futuro reclutador.

As redes sociais ofrecen ademais unha información de primeira man sobre empresas e profesionais. Desde InfoJobs sempre aconsellamos ós nosos usuarios que, á hora de buscar traballo, é moi importante personalizar a túa candidatura: escribir unha carta de presentación axustada á oferta, enfocar o CV en base a esta, acudir a unha entrevista de traballo con información sobre a empresa…
 Internet ofrece moita información sobre as empresas e os proxectos que levan a cabo, e agora, ademais, as redes sociais pódennos dar pistas sobre os seus directivos e traballadores.

Só temos que ter en conta que as empresas tamén acoden á rede a buscar información sobre os posibles candidatos: o currículum é a fonte principal de información para as empresas, pero non a única. Debemos ter moi presente que di a rede sobre nós: xestionar a nosa reputación online. É importante estar nestas redes sociais, pero sempre coidando a información que ofrecemos sobre nós.

Anna Quintero. Directora de Comunicación de InfoJobs
20/09/2010