Seis Regras de ouro para un bo curriculum
- Un bo curriculum escribese nunha páxina, máximo duas.
Conselliños útiles:
- Non empregues dúas palabras se podes dicilo con unha. Por exemplo: en lugar de “A miña función como xefa de mantemente é...” ESCRIBE: “Xefa de mantemento.
- Non escribas frases inútiles que non aportan nada. Por exemplo: NON escribas: “Cando cheguei non había un plan de mantemento preventivo e debín ocuparme do seu desenvolvemento e implantación”. ESCRIBE: “Desenvolvemento e implantación do plan de mantemento preventivo” (17 palabras fronte a 8 para expresar o mesmo).
- Evita “frases feitas” e redundantes (“Quero poñer no seu coñecemento que...”)
- Utiliza palabras, frases e parágrafos cortos.
Isto vaite aforrar o 30% dos teus problemas de comunicación escrita.
2. Reflicte no teu CV que reúnes as esixencias do posto de traballo. Ao igual que nunca hai dúas persoas iguais, tampouco hai dúas empresas iguais, e menos dous postos de traballo iguais.
Aínda que as empresas sexan do mesmo sector, teñan o mesmo tamaño e, supoñamos que até teñan a mesma cultura empresarial, sempre haberá un montón de cousas que as diferenciarán e, entre as máis importantes, está o que as persoas que as compoñen son diferentes.
Polo tanto, se isto é así, o teu CV deberá reflectir as diferencias, deberá facer maior énfase naquelas características, tanto persoais como profesionais, que posúes, que che fan especialmente apto para o posto.
3. O CV débese enviar sempre orixinal
Esquece as fotocopias. Deberás imprimir un orixinal para cada solicitude. Lembra que o CV é, polo momento, o único espello que o seleccionador ten de ti; por iso, coida moito a imaxe e a presentación.
Algúns consellos:
- Envía fotografía escaneada e impresa desde o portátil. As fotocopias a color están moi logradas, pero son caras e non son recomendables. Se a foto non é recente e impresa desde o ordenador con certa calidade, é mellor non incluíla, salvo que expresamente o soliciten.
- O tipo de papel é opcional, pero é importante que sexa consistente, tamaño Din-A4. A cor non ten por que ser branca. Podes optar por cores discretas, como azuis ou amarelos. Evita as estridencias.
- Coida non só a presentación, senón tamén o deseño. Lembra que un CV orixinal pode dicir moito da creatividade da persoa, un aspecto cada vez máis valorado hoxe en día en gran parte dos postos.
4. Un bo curriculum debe estar ben estruturado.
Cada dato debe estar perfectamente localizado no CV. Debe estar no apartado que lle corresponde para que sexa facilmente localizable, para que a interpretación sexa fácil e non deixe lugar a ningunha dúbida de que es o candidato adecuado.
5. É conveniente que dates o curriculum.
Un detalle que a moitos pasa desapercibido é a conveniencia de incluír a data no CV, xa que lle outorga unha referencia no tempo, tratándose da túa situación profesional neste momento e pudendo variar. Esta regra cobra maior sentido sobre todo se se trata dunha autocandidatura “en frío”, que non responde a unha oferta concreta.
Lembra que o CV non se asina.
6. Destaca as túas cualidades, pero nunca mintas.